¿Por qué no? Somos un grupo de 4 amigos: Martina, Marta, Luís e Jorge, que despois de 5 anos desenvolvendo o noso labor en diferentes proxectos en Kenia, constituímonos como ONGD de maneira oficial o 12 de xuño de 2017, co número 2017/021462-1ª do Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
Despois de darlle voltas durante moitos días e de que non se nos ocorrera ningún nome, a Luís ocorréuselle a idea do actual. A verdade é que sempre que nos xuntamos estamos falando de: Por que non facemos un pozo? Por que non comezamos con bolsas universitarias? Por que non mercamos uniformes e calzado para os nosos alumnos? Por que non…
Somos unha organización non gobernamental de desenvolvemento, aconfesional e sen ánimo de lucro, que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o desenvolvemento, Sensibilización e Comercio Xusto.